martes, 10 de noviembre de 2015

O desafío artístico.

Ola a todxs!!!

Ratiño e Ratiña voltamos, como prometimos na anterior entrada, co DESAFÍO deste ano!!!

Pero claro, este ano, non pode ser DESAFÍO MATEMÁTICO. Este ano, co motivo do noso novo Proxecto Documental Integrado, 

ARTELLA-MOS,

teremos un 

DESAFÍO ARTÍSTICO!!!!



Que ben o imos pasar!!!! Contámosvos as regras aquí mesmo:


A partires de hoxe empezamos cun novo desafío, como dicimos, artístico. Farase unha primeira proba que xeralmente terá que ver coa búsqueda de información relacionada con artistas e obras de varias disciplinas artísticas. 

Ó martes seguinte colgaranse neste blog os resultados, e ademáis, os nomes dos acertantes.

A continuación, na semana próxima, a proba será plenamente artística. Consistirá na realización dunha obra persoal, orixinal e libre coa temática do autor ou obra anteriormente traballado no desfío.

Aqueles traballos máis orixinais ou dignos de mención serán colgados aquí, no blog de Artella-Mos. E comezamos cunha primeira proba again!!


TODO CLARIÑO???






Pois ben, aquí vamos coa primeira pregunta para o Desafío Artístico deste ano. Tedes ata o luns da próxima semana para participar.

Trátase dunha pregunta relacionada co Samaín. Alá vai...



Cal foi a obra pictórica máis representada este ano nas cabazas de Samaín e quen a pintou?



 Xa sabedes, nun anaco de papel, nome do artista e obra máis representada no Samaín.




Ata prontooooooo!!!!

1 comentario:

  1. Ratiño e Ratiña, vos esquecéstedes de dicir que nas respostas teremos que poñer o nome, apelidos e curso dos participantes!!!! Grazas por volver co desafío!!! Querémosvos moito!!! CLASE DE 3º A

    ResponderEliminar