Ola a todos, troula!
Eiquí voltamos cun novo desafío, que como comentamos con anterioridade será plenamente cretivo.
Temos moitas obras de arte que son imitadas e parodiadas ata a saciedade. E se hai algunha obra, da que temos milleiros de falsificacións, está é o "Berro" de Munch. Así que invitámosche a que realices a túa propia imitación do "Berro" cos materiales que ti queiras. Simplemente coa túa imaxinación. Deixámoste uns exemplos para que te sirvan de inspiración.
E se aínda así non sabedes como facelo, vos deixamos un bosquexo para que vos animedes TODOS!!!
VEÑA TROPA!!
Podedes empregar os materiais e formato que queirades. Tedes que deixar as vosas falsificacións nunha caixa que se vai poñer ó lado dos buzóns do DESAFÍO ARTÍSTICO, con nome e apelidos e curso. Lembrade que os máis orixinais serán expostos neste blog.
E por si quedara algunha dúbida do sinxelo que é facelo, botádelle unha ollada os debuxos dos segundos de Primaria, o ben que o fixeron xa!!!
LEMBRADE QUE TEDES ATA O PRÓXIMO LUNS PARA TRAER OS VOSOS TRABALLOS.